domingo, 16 de diciembre de 2018

A botella fumadora

Este experimento o prepararon Alex Bravo e o seu pai Quique  na súa casa e o venres 14 de decembro do 2018  nos fixeron a súa demostración na aula.

Para facer este experimento necesitamos:
Unha botella de plástico transparente de litro ou litro e medio .
O tapón da botella .
Algodón .
Un cigarrillo .
Un recipiente fondo (de plástico, cerámica, etc.) .
Auga .
Fósforos ou encendedor.
Plastilina.
Un cutter  ou unhas tesoiras con punta punzante.



Hai que limpar a botella e enchela case totalmente de auga e despois introducir un algodón dentro do colo da botella de xeito que quede totalmente taponado. Ter coidado de non mollar o algodón. Agora faremos co cuter un burato no tapón da botella do tamaño necesario para poder introducir o cigarrillo e o sellamos cun pouco de plasti.


Encendemos o cigarrillo.


E facemos un burato na base da botella.


Deixamos que a botella fume todo o cigarrillo.


Agora quitamos o tapón da botella e observamos e ulimos o algodón .


Quique explicounos que o algodón representa os nosos pulmóns e esa substancia amarela que vimos no algodón e a que se queda nos nosos pulmóns, cando fumamos, e nos ocasiona numerosas enfermidades.
Tod@s quedamos sorprendid@s do mal que cheiraba o algodón e de canta porquería deixara no algodón un só cigarrillo. Mellor non fumar e os nosos pulmóns, e a nosa saúde en xeral, nolo van agradecer.
Moitas grazas Alex e Quique pola representación deste experimento
 

domingo, 25 de noviembre de 2018

Facemos uns pulmóns

O venres 23 de Novembro Loli, a mama de Miguel acercouse ata o colexio para xunto con Miguel facermos unha demostración de como construir uns pulmóns.
Necesitamos:
- unha botella de plástico valeira.
- dous globos.
- dúas palliñas de refrescos.
- cinta.
- plastilina.
- un instrumento que corte: tesoiras, cuter, coitelo....
- un guante de látex.


Pero antes de elaborar os pulmóns repasamos con Loli as principais partes do aparato respitatorio e precticamos as expiracións e as inspiracións. Tamén nos recordou a importancia, para o proceso da respiración, dun músculo que se chama diafragma.
Para construir os plumòns cortamos a parte de abaixo da botella. Unimos dúas palliñas con cinta, son a tráquea, e tamén con cinta unimos un globo a cada palliña, Os globos serán os pulmóns.

Introducimos os globos coas palliñas dentro da botella e selamos moi ben a boca da botella coa plastelina para que non se escape o aire.
No extremo aberto da botella  colocamos o guante de latex, que é o diafragma.

 
E agora a experimentar un/unha mesma que é o que máis nos gusta!

Moitas grazas Loli e Miguel! Agora nós xa podemos facer os nosos propios pulmóns!

Medimos os nosos ósos

Seguimos cos experimentos relacionados co noso corpo, e esta vez Sabela Pardo e o seu pai Roberto nos propuxeron medir os seguintes ósos: o cranio, a tibia e o fémur.
Para realizar estas medidas necesitamos unha cinta métrica.e con Roberto repasamos as distintas unidades de medida: quilómetro, metro, centímetro, paso, man....e  cando temos que utilizar unhas ou outras.
Tamén repasamos no noso corpo a localización dos ósos que íamos medir.

 
Nos portamos moi ben e agardamos a nosa quenda para realizar as medicións.



Roberto trouxo o seu ordenador portátil e Sabela encargouse de ir anotando os centímetros que medían estes ósos.


Roberto explicounos a importancia que ten a medida do nosos femures, xa que este dato é fundamental para que as fábricas fagan sillas adecuadas as nosas alturas.

O pasamos moi ben e aprendimos cousas moi interesantes!

martes, 23 de octubre de 2018

O arco da vella oculto

Este é o cuarto experimento que realizamos na aula e correu a cargo de Carlos e do seu pai Pablo.
Para realizarlo utilizaron: uns rotuladores negros, filtros de café, un contagotas e un pouco de auga.
Primeiro colocaron o filtro de café nun prato e despois no centro do filtro, cun rotulador negro, Carlos debuxou un punto negro e Pablo lle puxo enriba unhas pingas de auga.









A auga disolve o pigmento negro da tinta e....
observamos como aparecen outras cores.
Se nos saíra perfecto, perfecto, teriamos que ver como a partires do punto negro se despregaba un arco da vella, pero asi son os experimentos...
Ademáis Pablo falounos e nos demostrou como a partir das cores primarias se forman as outras cores .
 
 
E seguimos experimentando coas cores añadindolles pingas de auga. 
 
 

Como podedes ver nos encantan os experimentos!!!

Por que os nosos ósos necesitan calcio?

Este experimento o levaron a cabo Iago e a súa mamá, que se chama Natalia, o venres 19 de outubro.
Moitas veces escoitamos falar de que hai que tomar calcio para que os ósos estén fortes, verdade? Pois este experiemento nos demostra que pasaría se os nosos ósos se quedasen sen calcio.
Para facelo nos contaron que utilizaron uns ósos de polo e tamén vinagre.






 


 
Observamos  e tocamos os ósos antes de os meter no vinagre. Están duros? Pódense dobrar?
 
 
 
 
 
 
 
Despois como Iago e Natalia xa o fixeran na casa sacaron os ósos que estiveran catro días metidos en vinagre, os tocamos e comprobamos como estaban. A algúns/algunhas non nos gustou nada o olor do vinagre.... e queríamos ir  lavar as mans. Pero... os ósos estaban brandiños!!!

 
 
Entón, Natalia falounos do importante que é tomar alimentos ricos en calcio: leite, iogur, queixo, brécol....comentamos cales nos gustan moito, cales non nos gustan case nada....pero prometimos probar os alimentos antes de dicir se nos gustan ou non.
Natalia, ademáis nos deixou na aula uns ósos duros para que nós comprobaramos como se poñían despois de estar catro días en vinagre.
E hoxe, martes 23 de outubro, os sacamos do bote de vinagre e comprobamos como se volveran brandiños e debiluchos. 
E agora xa sabedes : a tomar alimentos ricos en calcio!!!
 

martes, 2 de octubre de 2018

Segundo experimento

O luns 1 de outubro Maica e a súa filla Carla nos axudaron a resolver se é verdade esta afirmación:
" A amplitude dos brazos extendidos é aproximadamente igual á nosa altura".
Primeiro  observamos  distintas cintas para medir: a que se enrola, a cinta de sastre ou costureira, a regra grande da escola que mide un metro, as nosas regras pequeñas.... Recordamos que 100 centímetros é un metro.
Carla e a súa nai nos foron medindo cos brazos extendidos do dedo  corazón da man dereita ata o dedo corazón da man esquerda.


E apuntamos este dato na ficha. Despois coa axuda dun medidor de parede foron medindo a nosa altura.

E tamén apuntamos os centímetros que medimos na nosa ficha. Unha vez que tod@s estivemos medid@s pasamos a comparar os datos.
É verdade, a gran maioría das veces a medida dos nosos brazos extendidos é moi parecida á  da nosa altura, coa diferenza de 2 ou 3 cm.
Maica tivo unha estupenda idea:
A profe vai gardar esta ficha e Maica e Carla cara o final de curso van  medirnos outra vez, así saberemos canto temos medrado!!!

domingo, 30 de septiembre de 2018

Experimento: Detectives por un día

O venres 28 se setembro Aroa e a súa nai María nos presentaron este experimento que estiveron a practicar na súa casa: Detectives por un día, no que observamos as nosas pégadas dixitais.
Para facer este experimento necesitamos:
- uns folios brancos.
- un lápis
- un vaso de cristal.
- una cartolina negra.
- un anaco de plástico adhesivo.
- unha lupa.
- pos de talco.
- crema de mans.
 
 Primeiro collemos o lápiz e no folio branco debuxamos un cadrado e frotamos moito o lapis polo cadrado ata ter una capa negra de grafito.
 Despois sobre esa superficie frotamos o dedo índice para manchalo co polvo de grafito e imprimimos o dedo nun folio branco. Tamén lles puxemos o nome da persoas as que pertencían. Estas pegadas nos servirán para comparalas coa do vaso.
 
Agora collemos o vaso e lle botamos pos de talco por toda a súa superficie. Sacudimos un pouco o vaso para desfacernos dos pos sobrantes. Aroa untou as mans coa crema e deixou a marca do polgar no vaso.
 
Con moito coidado pegamos o anaco de plástico adhesivo sobre a pegada do vaso. Cando está ben marcada a despegamos e a poñemos na cartolina negra.

E agora coa axuda da lupa comprobamos a quen pertence a pegada do vaso.

Moitas grazas Aroa e María foi un experimento moi chulo!

Vos animades a facelo na vosa casa?

Saúdos curso 2018-2019

 
                                              Xa estamos en 2º de Educación primaria!!

martes, 22 de mayo de 2018

Carreira contra a fame

O venres 18 de maio, no nosos colexio fixemos una carreira co gallo de recadar fondos para a ONG Acción contra el hambre. Días antes unha médica desta organización nos contou e nos puxo un video sobre as condicións de vida nos campos de refuxiados. Este ano os cartos recadados irán para mellorar a vida dun destes centros de refuxiados.
Buscamos patrocinadors e cos nosos dorsais colocados empezamos a carreira.

 
E agora como somos de Primaria necesitamos que nos apunten nos dorsais as voltas que imos dando e para iso cada un/unha temos adxudicada una persoa: un abó, una aboa....e Elena, a profe de E F dos maiores, nos foi sinalando que nos ia controlar as voltas ao circuito.


E empeza a carreira....


Corrimos, corrimos......


 
 
E despois a repoñer forzas, bebendo e comendo o boliño con anacos de chocolate que nos regalou a AMPA
 
Despois tamén, @s que quixemos corrimos na carreira dos maiores, con papás, profes, abós...Que ben o pasamos....

O día das Letras Galegas

Para celebrar este día na entrada do colexio o profe de Música Davide tocou a gaita mentras cantábamos o himno galego.

 
No vestíbulo tiñamos colocado un gran mural en homenaxe á escritora homenaxeada: Mª Victoria Moreno.

Tamén ao pé do mural estaban expostos moitos libros escritos en lingua galega que estos días poidemos levar para a nosa aula e disfrutar deles.
É a actividade que nos gusta moito é a do reto de falar en galego, nos encanta a chapiña que nos dan.

Davide nos preparou unha mostra sobre instrumentos galegos: instrumentos pobres, instrumentos de vento, de metal,,, tocou un pouquiño cada un deles para que escoitásemos o seu son.
Estivemos moi atent@s e aprendimos moito.




























Tamén na mostra había traxes típicos galegos de home, de festa e de vida cotiá. Davide explicounos e ensinounos como se colocaban e se chamaban algún dos seus elementos, de que material estaban feitos...


Nesta mostra de fondo estaba un mural feito con traballiños d@s nen@ do cole e entre eles os caligramas en forma de sombreiro que fixemos nós coas palabras dalgúns libros de Mª Victoria Moreno.