martes, 23 de octubre de 2018

O arco da vella oculto

Este é o cuarto experimento que realizamos na aula e correu a cargo de Carlos e do seu pai Pablo.
Para realizarlo utilizaron: uns rotuladores negros, filtros de café, un contagotas e un pouco de auga.
Primeiro colocaron o filtro de café nun prato e despois no centro do filtro, cun rotulador negro, Carlos debuxou un punto negro e Pablo lle puxo enriba unhas pingas de auga.









A auga disolve o pigmento negro da tinta e....
observamos como aparecen outras cores.
Se nos saíra perfecto, perfecto, teriamos que ver como a partires do punto negro se despregaba un arco da vella, pero asi son os experimentos...
Ademáis Pablo falounos e nos demostrou como a partir das cores primarias se forman as outras cores .
 
 
E seguimos experimentando coas cores añadindolles pingas de auga. 
 
 

Como podedes ver nos encantan os experimentos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario