martes, 20 de marzo de 2018

Os Legos

Xa hai tempo que Lucas trouxo da súa casa un gran montón de pezas de Legos e dende entón , e sobre todo para algúns/algunas, convertiuse no seu xogo preferido. Xogamos no recreo, cando rematamos os traballos... Compartimos pezas, discutimos por pezas "roubadas"... construimos casas, avións, naves espaciais, semáforos.... o pasamos xenial!!







miércoles, 14 de marzo de 2018

Lapbook dos animais

Xa rematamos o noso lapbook sobre os animais. Este que vedes é o de Carla. Agora xa podemos levalo para casa e lerllelo a toda a nosa familia.


 
 


A tartaruga de Marcos

 Marcos trouxo a clase a súa tararuga. Chámase  " Chulito ". Contounos:  onde a mercou, que lle da de comer e cantas veces ao día, porque hai que ten cambiar a auga...
A observamos e despois a describimos e a debuxamos .


Máis bulbos

Hoxe decatámonos que floreceu un dos tulipáns que plantaramos no outono !

Dia da Muller


O Equipo de Dinamización de Lingua Galega nos propuxo traballar sobre unha muller galega que fora, dalgún xeito, pioneira no seu traballo. Había unha muller futbolista, unha gaiteira, unha escritora....Na aula fixemos unha votación e saíu elexida  Ángeles Vilariño, a primeira muller científica que embarcou nun británico que realizaba estudos científicos. Aprendimos moitas cousas sobre a súa vida que reflectimos nun traballiño que está pendurado na entrada do noso cole.
Ía acompañado por Placton, porque Ángeles Alvariño foi unha grande estudosa do placton mariño.



O 8 de marzo viñeron ao noso colexio  unhas mulleres que están a realizar traballos ou deportes que antes eran case exclusivos de homes : taxista, arquitecta, futbolista.....e nas aulas tivo lugar unhas charlas/coloquio. Crearonse grupos de expertos por aulas, así nunha mesma aula había alumnos/as de 1º a sexto.
Ao  remate destas charlas, na nosa aula fixemos estes estupendos debuxos:


Click to play this Smilebox slideshow

Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own free slideshow

martes, 13 de marzo de 2018

Xa floreceron os bulbos

Na aula temos un recuncho con plantas, as que coidamos, regamos, observamos......
 
 

E dun día decatamonos que....xa floreceran os bulbos de xacintos e un bulbo de crocus que plantamos no outono.


As abellas

Como os papas de Mar son apicultores, ela e o seu irmán Manuel saben moitísimo sobre estes animaliños , e como estabamos a estudar os insectos aproveitamos para que eles nos impartiran una lección sobre o tema.


 
Nos ensinaron como son os sombreiros e as luvas de apicultor, os probamos, tocamos, ulimos....

Na casa, prepararon una presentación que nos explicou moi ben como era a vida das abellas.


 Observamos a cera que elaboran as abellas. E saboreamos o rico mel que producen.




 
 
 
 
 
                                               Moitas grazas a Mar e a toda a súa familia

viernes, 9 de marzo de 2018

El hombrecillo de papel


Este trimestre, en Valores, estamos a traballar o conto : " El hombrecillo de papel ". Fixemos un sombreiro e un barco con papel de xornal . Limos noticias de xornal e recortamos titulares ou palabras de cousas ou situación "malas". Despois as pegamos no  "hombrecillo" do noso libro
e tamén no "hombrecillo" do mural.



Tamén podedes  ver o video para recordar esta historia.

domingo, 4 de marzo de 2018

Concerto no Pazo da Ópera

O venres 23 de Febreiro , xunto con moito@s compañeir@s do cole, asistimos a un concerto didáctico no pazo da Ópera titulado "NOÉ, NOEMÍ E NOEMILIA.

Noé, Noemí e Noemilia vivían tranquilamente cada un nun lugar diferente. Noé vivía no alto da montaña de Ararat e todas as mañáns  erguíase moi cedo para ir pescar ishján, unha especie de salmón en perigo de extinción. Noemí vivía no máis profundo da selva amazónica e todas as mañáns ía  pescar pacúes ao río Paranaguazú, onde a agua sempre era azul. Noemilia vivía a orillas do lago Turkana e todas as mañáns  erguíase para ir apescar tilapias, un pez africano que se atrapa coa man. A súa vida transcurría tranquila e serena ata que un día…Asi comeza esta historia , unha das máis apasionantes e antigas que coñece a humanidade , o relato da arca de Noé.

Baseándose neste relato bíblico e nun poema de orixe colombiano titulado Concierto para animales, a actriz Belén Otxotorena construíu un conto que musicaron Óscar Navarro e Andrés Valero.


La vaca que subió a un árbol

Como non querían ser menos que os seus compañeiros, as nenas de 6º prepararon e representaron para nós o conto: " La vaca que subió a un árbol".Fumos  @s nen@s de !º A e !ºB  a velas á Biblioteca na hora de Lectura. Ó fixeron estupendo e o pasamos moi ben escoitándoas.






 
E para amosarlles o nosos agradecemento.... unha aperta en grupo


Día da Paz

Co gallo de conmemorar o día da Paz e da Non Violencia, nas nosas aulas votamos por un compañeiro ou compañeira que mellor representaba o papel de persoa conciliadora, respectuosa cos demáis e que intenta solucionar os problemas mediante o diálogo. A min ao principio pareciame que era moi difícil que poiderades ser "obxectiv@s" pero amosachedes una madurez extraordinaria.Fixemos una votación secreta e despois do reconto de votos saíu elexida Laura. No exterior do colexio nos xuntamos tod@s e tivo lugar a entrega de chapas acreditativas de premio Nobel da Paz de cada aula.




Tamén tod@s nos colocamos no patio do cole construíndo o símbolo da paz e cantamos una canción en inglés.
Ademáis entre tod@s adornamos a entrada do nosao centro escolar con paxariñas de papel e fotos  como podedes ver.

La aventura formidable del hombrecillo indomable

Os nosos compañeiros de 6º de Primaria contaronnos esta fermosa historia utilizando un teatro Kamíshibaí
Este conto fala dun homiño que atopa unha esponxa, a apreta, e dela sae unha chea de auga que o inunda todo e a partir de aí lle suceden un montónde aventuras formidables. É unha historia rimada. Mirade que atent@s estivemos.
 
Se queredes volver a escoitar esta historia.........