domingo, 30 de septiembre de 2018

Experimento: Detectives por un día

O venres 28 se setembro Aroa e a súa nai María nos presentaron este experimento que estiveron a practicar na súa casa: Detectives por un día, no que observamos as nosas pégadas dixitais.
Para facer este experimento necesitamos:
- uns folios brancos.
- un lápis
- un vaso de cristal.
- una cartolina negra.
- un anaco de plástico adhesivo.
- unha lupa.
- pos de talco.
- crema de mans.
 
 Primeiro collemos o lápiz e no folio branco debuxamos un cadrado e frotamos moito o lapis polo cadrado ata ter una capa negra de grafito.
 Despois sobre esa superficie frotamos o dedo índice para manchalo co polvo de grafito e imprimimos o dedo nun folio branco. Tamén lles puxemos o nome da persoas as que pertencían. Estas pegadas nos servirán para comparalas coa do vaso.
 
Agora collemos o vaso e lle botamos pos de talco por toda a súa superficie. Sacudimos un pouco o vaso para desfacernos dos pos sobrantes. Aroa untou as mans coa crema e deixou a marca do polgar no vaso.
 
Con moito coidado pegamos o anaco de plástico adhesivo sobre a pegada do vaso. Cando está ben marcada a despegamos e a poñemos na cartolina negra.

E agora coa axuda da lupa comprobamos a quen pertence a pegada do vaso.

Moitas grazas Aroa e María foi un experimento moi chulo!

Vos animades a facelo na vosa casa?

Saúdos curso 2018-2019

 
                                              Xa estamos en 2º de Educación primaria!!