domingo, 13 de enero de 2019

Videos para entender mellor o funcionamento do noso corpo


En Ciencias Naturais estamos a estudiar o noso corpo e antes de cada sistema ou aparato que damos visionamos un video relacionado co tema. E para que poidades repasalos na casa aquí volos deixo:



     



 

Experimentos sobre o aparato circulatorio

O xoves 20 de decembro Carlota e a súa mamá Yola nos presentaron uns experimentos e demostracións que prepararon antes na súa casa.
Primeiro nos ensinaron as distintas partes que componen o noso sangue: glóbulos brancos, glóbulos vermellos, plaquetas e plasma.
 
Yola falounos da súa función:
- os glóbulos vermellos, son os encargados de trasportar o osíxeno dende os pulmóns por todo o corpo.
- os glóbulos brancos, que se ocupan de defender o organismo contra o ataque de bacterias, virus...
- as plaquetas, que impiden o sangado no lugar da lesión e producen diversas sustancias que axudan á cicatrización das feridas.
. o plasma, que é a parte líquida do sange e é moi rico en proteínas,

Tamén Carlota e Yola, nos ensinaron como as partes do noso corazón, como circula o sangue polas arterias e polas venas.
O corazón está dividido en aurículas e ventrículos
  • O sangue que pasa polo lado esquerdo transporta sangue osixenado e para entender o seu recorrido, se colorea de cor vermello.
  • O que circula pola dereita, se colorea de azul e transporta dióxido de carbono.
  • O sangue osixenado (representada con cor vermella) sae do ventrículo esquerdo do corazón e vai pola  arteria aorta chegando a todas as células do corpo. onde deixa o osíxeno que transporta e se carga co dióxido de carbono, polo que se convirte en sangre carboxigenada (representada con cor azul). Este sangue con dióxido de carbono  regresa polas venas  á aurícula dereita do corazón.


    Verdade que parece complicado, pois co experimento que nos trouxeron Yola e Carlota o entendimos moi ben.
    Moitas grazas familias pola vosa colaboración e.... a seguir experimentando!