miércoles, 25 de abril de 2018

Museo Belas Artes


O mércores 25 de abril fixemos unha visita ao Museo de Belas Artes todo@s @s nen@s de 1º de Primaria do cole Victor López Seoane.

 Nos dividiron en dous grupos e nós fixemos a visita cunha guía do museo que se chama Laura. Empezamos no piso de arriba onde están as obras de arte contemporáneas e primeiro observamos e comentamos este  cadro  dunha tenda de teas de Carlos Maside:



Despois observamos tres cadros do pintor Urbano Lugrís e Laura contounos moitas cousas sobre Lugrís e como se lle ocorrían as historias que reflectía nos seus cadros. Díxonos que os pintores que debuxan cousas dos seus soños fan Pintura Surrealista.

 

 
 
Baixamos un piso e Laura mandounos sentar diante dun cadro grande e falamos do que representaba e díxonos que os pintores que representaban o que vian facían Pintura Costumista. O pintor deste cadro foi Tomás Muñoz Lucena e púxolle de título Castigo, lembras porque?


 
A continuación fumos ver uns cadros con temas mitolóxicos e falounos das lendas e os mitos que representaban: Aquiles, Ulises, Dédalo, Ícaro, Cupido...
 
 
E por último observamos e comentamos un cadro costumista pintado por Theodor Rombouts e que ten por título Xogadores de naipes
 


E no taller coloreamos con rotuladores, lápices de cores, pegamos papeis... para decorar a nosa lámina de Maside e tamén a imos firmar como fan tod@s @s pintores de certa sona. Como non nos deu tempo a rematala continuamos facendo este traballiño na nosa aula.
 




Aprendimos tantas cousas que agora nós tamén podemos convertirnos en guías de museo e facer unha visita ao Museo de Belas Artes aos nosos país, nais, irmáns...Animádevos!

Contacontos

Tamén esta semana tivemos a visita dun contacontos. Na biblioteca do noso centro escolar @s nen@s de 1º de Primaria nos reunimos e sentados no chan escoitamos e participamos da dramatización que Iago nos fixo do libro : Axente Riciños.





Día do libro


O 23 de abril celebramos un día moi especial: o Día do Libro. E nós este curso o celebramos dun xeito moi especial co Apadrinamento Lector, esta é una actividade na que alumnado de cursos superiores lles len libros a nen@s de cursos inferiores. @s nen@s de 3º de Primaria viñeron buscarnos a nosa aula e aproveitando o bo tempo fumos ler e escoitar ao patio do cole.
Foi unha actividade estupenda como podedes ver nestas fotos.











 

 


Educa Saúde

Educa Saúde é un programa de prevención e formación, organizado polo Concello de A Coruña, que aborda a saúde de forma integral, creando e tamén ensinando hábitos de vida saudable. Desenrolase en tres ámbitos fundamentais: físico, psicolóxico e relacional. Tivemos, no noso colexio, tres sesión impartidas por médi@s, enfermeir@s, psicólog@s...etc. Estas fotos pertencen a terceira sesión onde nos falaron das relacións entre as persoas e para ver como traballamos en grupo fixemos uns xogos sobre a reciclaxe.




jueves, 12 de abril de 2018

Somos cociñeir@s!!!

Para poder elaborar a receita coa que imos participar no concurso "Chefs saludables" tivemos antes que mercar os ingredientes. Unhas cousas as compramos no Mercado de Monte Alto e outras no supermercado Gadis que está tamén na praza de Monte Alto.
A esta visita fumos acompañad@s por  nais, aboas, país, irmanciños....
Cada un/unha tiña xa asinada una tarefa que levamos a cabo estupendamente: uns/unhas pedían os alimentos, outr@s pagaban e outr@s as gardaban nas nosas bolsas.
Tamén apoveitamos para coñecer mellor o mercado e degustar algúns alimentos que nos diron a probar.
O dia seguinte, na cociña do cole, lavamos as mans, puxemos os gorros e os mandils e.... a cociñar
Cortamos, picamos, remeximos, fritimos, emplatamos..... e despois comimos uns riquísimos saquiños de verduras acompañados dun anaco de pescada e con ensalada, piñons e tomatiños. 
A profe Elena para presentar no concurso confeccionou este precioso video. Esperamos que vos guste.





martes, 3 de abril de 2018

Día da Poesía

Para conmemorar o Día da Poesía na nosa aula aprendimonos o poema: O astronauta semanal

 
Este poema está neste libriño (e ademáis no noso libro de Xuntos do 2º trimestre )


O recitamos na Biblioteca do noso cole diante dalgúns/dalgunhas d@s nos@s compañeir@s. A presentou Mauro e despois cada un/unha representou a súa parte:


 
E para que vexades que ben o aprendimos aquí vai un video. Esperamos que vos guste!