jueves, 12 de abril de 2018

Somos cociñeir@s!!!

Para poder elaborar a receita coa que imos participar no concurso "Chefs saludables" tivemos antes que mercar os ingredientes. Unhas cousas as compramos no Mercado de Monte Alto e outras no supermercado Gadis que está tamén na praza de Monte Alto.
A esta visita fumos acompañad@s por  nais, aboas, país, irmanciños....
Cada un/unha tiña xa asinada una tarefa que levamos a cabo estupendamente: uns/unhas pedían os alimentos, outr@s pagaban e outr@s as gardaban nas nosas bolsas.
Tamén apoveitamos para coñecer mellor o mercado e degustar algúns alimentos que nos diron a probar.
O dia seguinte, na cociña do cole, lavamos as mans, puxemos os gorros e os mandils e.... a cociñar
Cortamos, picamos, remeximos, fritimos, emplatamos..... e despois comimos uns riquísimos saquiños de verduras acompañados dun anaco de pescada e con ensalada, piñons e tomatiños. 
A profe Elena para presentar no concurso confeccionou este precioso video. Esperamos que vos guste.





No hay comentarios:

Publicar un comentario