miércoles, 25 de abril de 2018

Museo Belas Artes


O mércores 25 de abril fixemos unha visita ao Museo de Belas Artes todo@s @s nen@s de 1º de Primaria do cole Victor López Seoane.

 Nos dividiron en dous grupos e nós fixemos a visita cunha guía do museo que se chama Laura. Empezamos no piso de arriba onde están as obras de arte contemporáneas e primeiro observamos e comentamos este  cadro  dunha tenda de teas de Carlos Maside:



Despois observamos tres cadros do pintor Urbano Lugrís e Laura contounos moitas cousas sobre Lugrís e como se lle ocorrían as historias que reflectía nos seus cadros. Díxonos que os pintores que debuxan cousas dos seus soños fan Pintura Surrealista.

 

 
 
Baixamos un piso e Laura mandounos sentar diante dun cadro grande e falamos do que representaba e díxonos que os pintores que representaban o que vian facían Pintura Costumista. O pintor deste cadro foi Tomás Muñoz Lucena e púxolle de título Castigo, lembras porque?


 
A continuación fumos ver uns cadros con temas mitolóxicos e falounos das lendas e os mitos que representaban: Aquiles, Ulises, Dédalo, Ícaro, Cupido...
 
 
E por último observamos e comentamos un cadro costumista pintado por Theodor Rombouts e que ten por título Xogadores de naipes
 


E no taller coloreamos con rotuladores, lápices de cores, pegamos papeis... para decorar a nosa lámina de Maside e tamén a imos firmar como fan tod@s @s pintores de certa sona. Como non nos deu tempo a rematala continuamos facendo este traballiño na nosa aula.
 




Aprendimos tantas cousas que agora nós tamén podemos convertirnos en guías de museo e facer unha visita ao Museo de Belas Artes aos nosos país, nais, irmáns...Animádevos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario