domingo, 4 de marzo de 2018

Concerto no Pazo da Ópera

O venres 23 de Febreiro , xunto con moito@s compañeir@s do cole, asistimos a un concerto didáctico no pazo da Ópera titulado "NOÉ, NOEMÍ E NOEMILIA.

Noé, Noemí e Noemilia vivían tranquilamente cada un nun lugar diferente. Noé vivía no alto da montaña de Ararat e todas as mañáns  erguíase moi cedo para ir pescar ishján, unha especie de salmón en perigo de extinción. Noemí vivía no máis profundo da selva amazónica e todas as mañáns ía  pescar pacúes ao río Paranaguazú, onde a agua sempre era azul. Noemilia vivía a orillas do lago Turkana e todas as mañáns  erguíase para ir apescar tilapias, un pez africano que se atrapa coa man. A súa vida transcurría tranquila e serena ata que un día…Asi comeza esta historia , unha das máis apasionantes e antigas que coñece a humanidade , o relato da arca de Noé.

Baseándose neste relato bíblico e nun poema de orixe colombiano titulado Concierto para animales, a actriz Belén Otxotorena construíu un conto que musicaron Óscar Navarro e Andrés Valero.


No hay comentarios:

Publicar un comentario