martes, 23 de octubre de 2018

Por que os nosos ósos necesitan calcio?

Este experimento o levaron a cabo Iago e a súa mamá, que se chama Natalia, o venres 19 de outubro.
Moitas veces escoitamos falar de que hai que tomar calcio para que os ósos estén fortes, verdade? Pois este experiemento nos demostra que pasaría se os nosos ósos se quedasen sen calcio.
Para facelo nos contaron que utilizaron uns ósos de polo e tamén vinagre.






 


 
Observamos  e tocamos os ósos antes de os meter no vinagre. Están duros? Pódense dobrar?
 
 
 
 
 
 
 
Despois como Iago e Natalia xa o fixeran na casa sacaron os ósos que estiveran catro días metidos en vinagre, os tocamos e comprobamos como estaban. A algúns/algunhas non nos gustou nada o olor do vinagre.... e queríamos ir  lavar as mans. Pero... os ósos estaban brandiños!!!

 
 
Entón, Natalia falounos do importante que é tomar alimentos ricos en calcio: leite, iogur, queixo, brécol....comentamos cales nos gustan moito, cales non nos gustan case nada....pero prometimos probar os alimentos antes de dicir se nos gustan ou non.
Natalia, ademáis nos deixou na aula uns ósos duros para que nós comprobaramos como se poñían despois de estar catro días en vinagre.
E hoxe, martes 23 de outubro, os sacamos do bote de vinagre e comprobamos como se volveran brandiños e debiluchos. 
E agora xa sabedes : a tomar alimentos ricos en calcio!!!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario