martes, 2 de octubre de 2018

Segundo experimento

O luns 1 de outubro Maica e a súa filla Carla nos axudaron a resolver se é verdade esta afirmación:
" A amplitude dos brazos extendidos é aproximadamente igual á nosa altura".
Primeiro  observamos  distintas cintas para medir: a que se enrola, a cinta de sastre ou costureira, a regra grande da escola que mide un metro, as nosas regras pequeñas.... Recordamos que 100 centímetros é un metro.
Carla e a súa nai nos foron medindo cos brazos extendidos do dedo  corazón da man dereita ata o dedo corazón da man esquerda.


E apuntamos este dato na ficha. Despois coa axuda dun medidor de parede foron medindo a nosa altura.

E tamén apuntamos os centímetros que medimos na nosa ficha. Unha vez que tod@s estivemos medid@s pasamos a comparar os datos.
É verdade, a gran maioría das veces a medida dos nosos brazos extendidos é moi parecida á  da nosa altura, coa diferenza de 2 ou 3 cm.
Maica tivo unha estupenda idea:
A profe vai gardar esta ficha e Maica e Carla cara o final de curso van  medirnos outra vez, así saberemos canto temos medrado!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario