domingo, 16 de diciembre de 2018

A botella fumadora

Este experimento o prepararon Alex Bravo e o seu pai Quique  na súa casa e o venres 14 de decembro do 2018  nos fixeron a súa demostración na aula.

Para facer este experimento necesitamos:
Unha botella de plástico transparente de litro ou litro e medio .
O tapón da botella .
Algodón .
Un cigarrillo .
Un recipiente fondo (de plástico, cerámica, etc.) .
Auga .
Fósforos ou encendedor.
Plastilina.
Un cutter  ou unhas tesoiras con punta punzante.



Hai que limpar a botella e enchela case totalmente de auga e despois introducir un algodón dentro do colo da botella de xeito que quede totalmente taponado. Ter coidado de non mollar o algodón. Agora faremos co cuter un burato no tapón da botella do tamaño necesario para poder introducir o cigarrillo e o sellamos cun pouco de plasti.


Encendemos o cigarrillo.


E facemos un burato na base da botella.


Deixamos que a botella fume todo o cigarrillo.


Agora quitamos o tapón da botella e observamos e ulimos o algodón .


Quique explicounos que o algodón representa os nosos pulmóns e esa substancia amarela que vimos no algodón e a que se queda nos nosos pulmóns, cando fumamos, e nos ocasiona numerosas enfermidades.
Tod@s quedamos sorprendid@s do mal que cheiraba o algodón e de canta porquería deixara no algodón un só cigarrillo. Mellor non fumar e os nosos pulmóns, e a nosa saúde en xeral, nolo van agradecer.
Moitas grazas Alex e Quique pola representación deste experimento
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario