domingo, 25 de noviembre de 2018

Facemos uns pulmóns

O venres 23 de Novembro Loli, a mama de Miguel acercouse ata o colexio para xunto con Miguel facermos unha demostración de como construir uns pulmóns.
Necesitamos:
- unha botella de plástico valeira.
- dous globos.
- dúas palliñas de refrescos.
- cinta.
- plastilina.
- un instrumento que corte: tesoiras, cuter, coitelo....
- un guante de látex.


Pero antes de elaborar os pulmóns repasamos con Loli as principais partes do aparato respitatorio e precticamos as expiracións e as inspiracións. Tamén nos recordou a importancia, para o proceso da respiración, dun músculo que se chama diafragma.
Para construir os plumòns cortamos a parte de abaixo da botella. Unimos dúas palliñas con cinta, son a tráquea, e tamén con cinta unimos un globo a cada palliña, Os globos serán os pulmóns.

Introducimos os globos coas palliñas dentro da botella e selamos moi ben a boca da botella coa plastelina para que non se escape o aire.
No extremo aberto da botella  colocamos o guante de latex, que é o diafragma.

 
E agora a experimentar un/unha mesma que é o que máis nos gusta!

Moitas grazas Loli e Miguel! Agora nós xa podemos facer os nosos propios pulmóns!

No hay comentarios:

Publicar un comentario