Mostrando entradas con la etiqueta actividades Concello. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta actividades Concello. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de mayo de 2018

Casa das Ciencias-Planetario



Chegou  o día no que tod@s @s alumn@s de 1º de Primaria fumos a visitar este Museo Científico.
Cando chegamos alí o primeiro que fixemos foi subir ata arriba de todo ao Planetario por unas escaleiras moi estreitiñas con forma de caracol. Nos sentamos nunhas cómodas butacas e apampados mirábamos cara a bóveda celeste onde nos puxeron un video : La niña que caminaba al revés.Esta historia comenza así:
 
Trata da contaminación lumínica que temos nas nosas ciudades.

Despois fumos visitando as tres plantas de exposicións:

- a de experiencias de física
- a exposción sobre péndulos e
- a exposición sobre a astronomía nos medios de comunicación.

E  na planta baixa está o gran péndulo de Foucault, o péndulo que escribe e...... os pitiños nos seus ovos.



E de remate.... a merendar ao parque de Santa Margarida e... a xogar




miércoles, 25 de abril de 2018

Museo Belas Artes


O mércores 25 de abril fixemos unha visita ao Museo de Belas Artes todo@s @s nen@s de 1º de Primaria do cole Victor López Seoane.

 Nos dividiron en dous grupos e nós fixemos a visita cunha guía do museo que se chama Laura. Empezamos no piso de arriba onde están as obras de arte contemporáneas e primeiro observamos e comentamos este  cadro  dunha tenda de teas de Carlos Maside:



Despois observamos tres cadros do pintor Urbano Lugrís e Laura contounos moitas cousas sobre Lugrís e como se lle ocorrían as historias que reflectía nos seus cadros. Díxonos que os pintores que debuxan cousas dos seus soños fan Pintura Surrealista.

 

 
 
Baixamos un piso e Laura mandounos sentar diante dun cadro grande e falamos do que representaba e díxonos que os pintores que representaban o que vian facían Pintura Costumista. O pintor deste cadro foi Tomás Muñoz Lucena e púxolle de título Castigo, lembras porque?


 
A continuación fumos ver uns cadros con temas mitolóxicos e falounos das lendas e os mitos que representaban: Aquiles, Ulises, Dédalo, Ícaro, Cupido...
 
 
E por último observamos e comentamos un cadro costumista pintado por Theodor Rombouts e que ten por título Xogadores de naipes
 


E no taller coloreamos con rotuladores, lápices de cores, pegamos papeis... para decorar a nosa lámina de Maside e tamén a imos firmar como fan tod@s @s pintores de certa sona. Como non nos deu tempo a rematala continuamos facendo este traballiño na nosa aula.
 




Aprendimos tantas cousas que agora nós tamén podemos convertirnos en guías de museo e facer unha visita ao Museo de Belas Artes aos nosos país, nais, irmáns...Animádevos!

Educa Saúde

Educa Saúde é un programa de prevención e formación, organizado polo Concello de A Coruña, que aborda a saúde de forma integral, creando e tamén ensinando hábitos de vida saudable. Desenrolase en tres ámbitos fundamentais: físico, psicolóxico e relacional. Tivemos, no noso colexio, tres sesión impartidas por médi@s, enfermeir@s, psicólog@s...etc. Estas fotos pertencen a terceira sesión onde nos falaron das relacións entre as persoas e para ver como traballamos en grupo fixemos uns xogos sobre a reciclaxe.