Nos dividiron en dous grupos e nós fixemos a visita cunha guía do museo que se chama Laura. Empezamos no piso de arriba onde están as obras de arte contemporáneas e primeiro observamos e comentamos este cadro dunha tenda de teas de Carlos Maside:
A continuación fumos ver uns cadros con temas mitolóxicos e falounos das lendas e os mitos que representaban: Aquiles, Ulises, Dédalo, Ícaro, Cupido...
E por último observamos e comentamos un cadro costumista pintado por Theodor Rombouts e que ten por título Xogadores de naipes
E no taller coloreamos con rotuladores, lápices de cores, pegamos papeis... para decorar a nosa lámina de Maside e tamén a imos firmar como fan tod@s @s pintores de certa sona. Como non nos deu tempo a rematala continuamos facendo este traballiño na nosa aula.
Aprendimos tantas cousas que agora nós tamén podemos convertirnos en guías de museo e facer unha visita ao Museo de Belas Artes aos nosos país, nais, irmáns...Animádevos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario