O luns 1 de outubro Maica e a súa filla Carla nos axudaron a resolver se é verdade esta afirmación:
" A amplitude dos brazos extendidos é aproximadamente igual á nosa altura".
Primeiro observamos distintas cintas para medir: a que se enrola, a cinta de sastre ou costureira, a regra grande da escola que mide un metro, as nosas regras pequeñas.... Recordamos que 100 centímetros é un metro.
Carla e a súa nai nos foron medindo cos brazos extendidos do dedo corazón da man dereita ata o dedo corazón da man esquerda.
E apuntamos este dato na ficha. Despois coa axuda dun medidor de parede foron medindo a nosa altura.
E tamén apuntamos os centímetros que medimos na nosa ficha. Unha vez que tod@s estivemos medid@s pasamos a comparar os datos.
É verdade, a gran maioría das veces a medida dos nosos brazos extendidos é moi parecida á da nosa altura, coa diferenza de 2 ou 3 cm.
Maica tivo unha estupenda idea:
A profe vai gardar esta ficha e Maica e Carla cara o final de curso van medirnos outra vez, así saberemos canto temos medrado!!!
martes, 2 de octubre de 2018
domingo, 30 de septiembre de 2018
Experimento: Detectives por un día
O venres 28 se setembro Aroa e a súa nai María nos presentaron este experimento que estiveron a practicar na súa casa: Detectives por un día, no que observamos as nosas pégadas dixitais.
Para facer este experimento necesitamos:
- uns folios brancos.
- un lápis
- un vaso de cristal.
- una cartolina negra.
- un anaco de plástico adhesivo.
- unha lupa.
- pos de talco.
- crema de mans.
Agora collemos o vaso e lle botamos pos de talco por toda a súa superficie. Sacudimos un pouco o vaso para desfacernos dos pos sobrantes. Aroa untou as mans coa crema e deixou a marca do polgar no vaso.
Con moito coidado pegamos o anaco de plástico adhesivo sobre a pegada do vaso. Cando está ben marcada a despegamos e a poñemos na cartolina negra.
E agora coa axuda da lupa comprobamos a quen pertence a pegada do vaso.
Moitas grazas Aroa e María foi un experimento moi chulo!
Vos animades a facelo na vosa casa?

Para facer este experimento necesitamos:
- uns folios brancos.
- un lápis
- un vaso de cristal.
- una cartolina negra.
- un anaco de plástico adhesivo.
- unha lupa.
- pos de talco.
- crema de mans.
Primeiro collemos o lápiz e no folio branco debuxamos un cadrado e frotamos moito o lapis polo cadrado ata ter una capa negra de grafito.
Despois sobre esa superficie frotamos o dedo índice para manchalo co polvo de grafito e imprimimos o dedo nun folio branco. Tamén lles puxemos o nome da persoas as que pertencían. Estas pegadas nos servirán para comparalas coa do vaso.E agora coa axuda da lupa comprobamos a quen pertence a pegada do vaso.
Moitas grazas Aroa e María foi un experimento moi chulo!
Vos animades a facelo na vosa casa?

martes, 22 de mayo de 2018
Carreira contra a fame
O venres 18 de maio, no nosos colexio fixemos una carreira co gallo de recadar fondos para a ONG Acción contra el hambre. Días antes unha médica desta organización nos contou e nos puxo un video sobre as condicións de vida nos campos de refuxiados. Este ano os cartos recadados irán para mellorar a vida dun destes centros de refuxiados.
Buscamos patrocinadors e cos nosos dorsais colocados empezamos a carreira.
E agora como somos de Primaria necesitamos que nos apunten nos dorsais as voltas que imos dando e para iso cada un/unha temos adxudicada una persoa: un abó, una aboa....e Elena, a profe de E F dos maiores, nos foi sinalando que nos ia controlar as voltas ao circuito.
E empeza a carreira....
Corrimos, corrimos......
Buscamos patrocinadors e cos nosos dorsais colocados empezamos a carreira.
E empeza a carreira....
Corrimos, corrimos......
E despois a repoñer forzas, bebendo e comendo o boliño con anacos de chocolate que nos regalou a AMPA
Despois tamén, @s que quixemos corrimos na carreira dos maiores, con papás, profes, abós...Que ben o pasamos....
O día das Letras Galegas
Para celebrar este día na entrada do colexio o profe de Música Davide tocou a gaita mentras cantábamos o himno galego.
No vestíbulo tiñamos colocado un gran mural en homenaxe á escritora homenaxeada: Mª Victoria Moreno.
Tamén ao pé do mural estaban expostos moitos libros escritos en lingua galega que estos días poidemos levar para a nosa aula e disfrutar deles.
É a actividade que nos gusta moito é a do reto de falar en galego, nos encanta a chapiña que nos dan.
Davide nos preparou unha mostra sobre instrumentos galegos: instrumentos pobres, instrumentos de vento, de metal,,, tocou un pouquiño cada un deles para que escoitásemos o seu son.
Estivemos moi atent@s e aprendimos moito.
Tamén na mostra había traxes típicos galegos de home, de festa e de vida cotiá. Davide explicounos e ensinounos como se colocaban e se chamaban algún dos seus elementos, de que material estaban feitos...
Nesta mostra de fondo estaba un mural feito con traballiños d@s nen@ do cole e entre eles os caligramas en forma de sombreiro que fixemos nós coas palabras dalgúns libros de Mª Victoria Moreno.

Casa das Ciencias-Planetario
Cando chegamos alí o primeiro que fixemos foi subir ata arriba de todo ao Planetario por unas escaleiras moi estreitiñas con forma de caracol. Nos sentamos nunhas cómodas butacas e apampados mirábamos cara a bóveda celeste onde nos puxeron un video : La niña que caminaba al revés.Esta historia comenza así:
Despois fumos visitando as tres plantas de exposicións:
- a de experiencias de física
- a exposción sobre péndulos e
- a exposición sobre a astronomía nos medios de comunicación.
E na planta baixa está o gran péndulo de Foucault, o péndulo que escribe e...... os pitiños nos seus ovos.
E de remate.... a merendar ao parque de Santa Margarida e... a xogar

miércoles, 2 de mayo de 2018
Lectura da mama de Sabela Pardo
O venres 27 de abril, María del Carmen, a mamá de Sabela Pardo, estivo con nós contándonos o conto preferido de Sabela: " La mosca". É un conto moi gracioso e do tipo que nos gusta moito, lelo na casa e xa veredes.
Se vos apetece velo en video premer neste enlace: https://youtu.be/bn0QokCdqW8
Se vos apetece velo en video premer neste enlace: https://youtu.be/bn0QokCdqW8
Suscribirse a:
Entradas (Atom)