Para realizar estas medidas necesitamos unha cinta métrica.e con Roberto repasamos as distintas unidades de medida: quilómetro, metro, centímetro, paso, man....e cando temos que utilizar unhas ou outras.
Tamén repasamos no noso corpo a localización dos ósos que íamos medir.
Roberto trouxo o seu ordenador portátil e Sabela encargouse de ir anotando os centímetros que medían estes ósos.
Roberto explicounos a importancia que ten a medida do nosos femures, xa que este dato é fundamental para que as fábricas fagan sillas adecuadas as nosas alturas.
O pasamos moi ben e aprendimos cousas moi interesantes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario