O venres 23 de Febreiro , xunto con moito@s compañeir@s do cole, asistimos a un concerto didáctico no pazo da Ópera titulado "NOÉ, NOEMÍ E NOEMILIA.
Noé, Noemí e Noemilia vivían
tranquilamente cada un nun lugar diferente. Noé vivía no alto da
montaña de Ararat e todas as mañáns erguíase moi cedo para ir
pescar ishján, unha especie de salmón en perigo de extinción. Noemí vivía no
máis profundo da selva amazónica e todas as mañáns ía pescar pacúes ao
río Paranaguazú, onde a agua sempre era azul. Noemilia vivía a orillas do lago Turkana e todas as mañáns erguíase para ir apescar tilapias, un pez
africano que se atrapa coa man. A súa vida transcurría tranquila e serena
ata que un día…Asi comeza esta historia , unha das máis apasionantes e antigas que coñece a humanidade , o
relato da arca de Noé.
Baseándose neste relato bíblico e nun poema de orixe colombiano
titulado Concierto para animales, a actriz Belén Otxotorena
construíu un conto que musicaron Óscar Navarro e Andrés Valero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario