martes, 20 de marzo de 2018

Os Legos

Xa hai tempo que Lucas trouxo da súa casa un gran montón de pezas de Legos e dende entón , e sobre todo para algúns/algunas, convertiuse no seu xogo preferido. Xogamos no recreo, cando rematamos os traballos... Compartimos pezas, discutimos por pezas "roubadas"... construimos casas, avións, naves espaciais, semáforos.... o pasamos xenial!!







miércoles, 14 de marzo de 2018

Lapbook dos animais

Xa rematamos o noso lapbook sobre os animais. Este que vedes é o de Carla. Agora xa podemos levalo para casa e lerllelo a toda a nosa familia.


 
 


A tartaruga de Marcos

 Marcos trouxo a clase a súa tararuga. Chámase  " Chulito ". Contounos:  onde a mercou, que lle da de comer e cantas veces ao día, porque hai que ten cambiar a auga...
A observamos e despois a describimos e a debuxamos .


Máis bulbos

Hoxe decatámonos que floreceu un dos tulipáns que plantaramos no outono !

Dia da Muller


O Equipo de Dinamización de Lingua Galega nos propuxo traballar sobre unha muller galega que fora, dalgún xeito, pioneira no seu traballo. Había unha muller futbolista, unha gaiteira, unha escritora....Na aula fixemos unha votación e saíu elexida  Ángeles Vilariño, a primeira muller científica que embarcou nun británico que realizaba estudos científicos. Aprendimos moitas cousas sobre a súa vida que reflectimos nun traballiño que está pendurado na entrada do noso cole.
Ía acompañado por Placton, porque Ángeles Alvariño foi unha grande estudosa do placton mariño.



O 8 de marzo viñeron ao noso colexio  unhas mulleres que están a realizar traballos ou deportes que antes eran case exclusivos de homes : taxista, arquitecta, futbolista.....e nas aulas tivo lugar unhas charlas/coloquio. Crearonse grupos de expertos por aulas, así nunha mesma aula había alumnos/as de 1º a sexto.
Ao  remate destas charlas, na nosa aula fixemos estes estupendos debuxos:


Click to play this Smilebox slideshow

Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own free slideshow

martes, 13 de marzo de 2018

Xa floreceron os bulbos

Na aula temos un recuncho con plantas, as que coidamos, regamos, observamos......
 
 

E dun día decatamonos que....xa floreceran os bulbos de xacintos e un bulbo de crocus que plantamos no outono.


As abellas

Como os papas de Mar son apicultores, ela e o seu irmán Manuel saben moitísimo sobre estes animaliños , e como estabamos a estudar os insectos aproveitamos para que eles nos impartiran una lección sobre o tema.


 
Nos ensinaron como son os sombreiros e as luvas de apicultor, os probamos, tocamos, ulimos....

Na casa, prepararon una presentación que nos explicou moi ben como era a vida das abellas.


 Observamos a cera que elaboran as abellas. E saboreamos o rico mel que producen.




 
 
 
 
 
                                               Moitas grazas a Mar e a toda a súa familia